Previsións informativas para o xoves 27 de xuño
9.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia.
13.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participa no acto de lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Xordocegueira.
17.00 h
Na EGAP, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de inauguración do XIII Encontro de Participación de Persoas en Situación de Vulnerabilidade, Pobreza e Exclusión Social en España.
19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia.
20.00 h
Na Praza das Praterías, ‘Inquedances’, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.
20.00 h
Na Praciña do Olvido, concerto de María Guadaña e The Pretty Shirts, dentro do ‘TerraZeando. Ciclo de concerto ao fresco’.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto do Taller Atlántico Contemporáneo (dirixido por Diego García Rodríguez), dentro das Xornadas de Música Contemporánea.