Previsións informativas para o venres 26 de outubro
9.00 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa na inauguración do IV Seminario Internacional Resclima.
11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xuntanza "A Ponte entre o ensino medio e a USC".
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para dar conta do proxecto Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara á xestión do patrimonio atlántico (BODAH), que lidera Santiago entre 7 socios europeos.
12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral.
12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
12.30 h
No Hotel Palacio del Carmen (Salón Capela), o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, participa na sinatura dos convenios de colaboración para o desenvolvemento de actuación nas Áreas de Rehabilitación Integral do Plan de Vivenda 2018-2021, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a secretaria xeral de Vivenda, Helena Beunza Ibáñez.
12.30 h
Na Academia Galega de Seguridade, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa no acto de entrega de distincións de honra ás Policías Locais de Galicia.
19.00 h
No IES Rosalía de Castro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe ao ex-director do centro, Ubaldo Rueda.
20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL