Previsións informativas para o sábado 9 de xuño
10.00 h
No Museo de Arte Romano de Mérida, a alcaldesa en funcións, María Rozas, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.
12.00 h
En Área Central, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao IV día do Deporte Solidario.
12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á peregrinación da unidade do aeródromo militar de Santiago con motivo do XXV aniversario da súa creación.
13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes na peregrinación Camiño Vía da Prata 2018, organizada pola AVV de Marrozos.
13.00 h
Na praza de Cervantes, concerto sesión vermú de Los Mecánicos, dentro dos Sábados Matinais de Cervantes.
13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no reto "Camiña pola Diabete a Santiago".
14.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os trofeos do XX Maratón Autonómico Urbano 2018 Special Olympics Galicia.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto extraordinario dos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, acompañado de membros da Real Filharmonía de Galicia. Dirixidos por Maximino Zumalave.
20.30 h
En Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos da Copa "Concello de Santiago" de fútbol xuvenil.