Previsións informativas para o venres 1 de xuño
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois para presentar o proxecto "Camiño Urbano", acompañada da comisaria do evento, Gemma Sesar, e das ilustradoras que participan no mesmo.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o día da Póvoa de Varzim na SELIC. Pola Câmara Municipal da Póvoa de Varzim estará presente a vereadora do Turismo, Lucinda Delgado.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa accidental, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
17.00 a 20.00 h
En Área Central, VI Mercadiño Solidario "Trócame-Roque"
17.30 h
Na praza da Quintana, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura a II edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela, acompañada por un representante da Mesa do Libro. Farase un brinde rosaliano.
19.00 h
No Centro Cívico de Santa Marta, a compañía Volta e Dálle presenta a obra "Dura Lex".
19.00 h
No LSC do Casco Histórico, obradoiro "O baúl de Frida", no marco da terceira edición de Compostela + Solidaria.
19.30 h
Na Zona "C", a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura "O rapto de Europa", de Marcos Covelo, quen tamén participa no evento.