Previsións informativas para o mércores 2 de maio
10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Asociación Europea de Cafés Históricos.
10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao encontro Regueifesta de improvisación oral en verso. Tamén asisten: Pilar Faxil, concelleira de Cultura de Teo; Isabel Vaquero, concelleira de Normalización Lingüística de Ames, e Xosé Regueira, concelleiro de Normalización Lingüística de Carballo. Declaracións do alcalde ao comezo.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a V edición da Feira Caravaning. Na rolda estarán o organizador da Feira, Javier González, e o presidente de Area Central, D. Javier Suárez-Vence Santiso.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o XXIII Certame de Teatro Intercentros.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular, sobre asuntos de carácter local.