Previsións informativas para o mércores 11 de xullo
10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o gañador do II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos, Alejandro Gesto.
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Xunta
Directiva do Colexio Oficial de Podólogos.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar a modificación da ordenanza de terrazas.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar a liquidación do exercicio orzamentario do 2017.
11.30 h
Na traseira do Centro Cívico de Pontepedriña, "Mañás de circo nos parques", con Circo Chosco. Actividade de balde.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.
17.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Cámara municipal de Braga, Ricardo Rio.
21.00 h
Na terraza do NH Collection Santiago, concerto de Los Reyes Magos, dentro do Ciclo de concertos ao fresco, TerraZeando, que organiza a Asociación Desconcierto Cultural.