Previsións informativas para o martes 6 de xuño
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar os actos con motivo do Día do Doante de Órganos, que se celebra o 7 de xuño. Na rolda estarán o vocal de Alcer Coruña (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), Carlos Iglesias Souto, e o coordinador da entidade, Alfredo Saborido Pérez
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar a cea solidaria da Asociación Española Contra o Cancro. Na rolda tamén estará o vicepresidente da Xunta local da Asociación en Santiago, Antonio Guerrero.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar os proxectos incluídos no Plan POS +, da Deputación da Coruña.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
17.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Accións estratéxicas a abordar polo Goberno Municipal no que resta de mandato.
19.30 h
No CSC do Ensanche, proxección do documental "District Zero" dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria".
20.30 h
No Paraninfo da Universidade, ‘A Escola na Cidade’, concertos fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO)