Previsións informativas para o martes 26 de febreiro
11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co decano do Colexio de Avogados, Francisco José Rabuñal, e co decano do Colexio de Procuradores, Fernando González-Concheiro (Declaracións ao comezo).
11.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto GREeNs presentado á convocatoria europea UIA. Na rolda tamén participarán o vicerreitor de Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, e o director de I+D de Televés, Sebastián Pantoja.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, e da xornalista Silvia Castiñeiras, para presentar a Gala do Deporte 2018.
12.30 h
No Salón Verde, sinatura do acordo entre o alcalde de Santiago, a concelleira de Economía e Facenda e as centrais sindicais do Concello. A continuación ROLDA DE PRENSA das centrais sindicais e, posteriormente, da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.
17.00 h
No Salón Verde, constitución do Consello Municipal de Cooperación.
19.00 h
No Salón Verde, xuntanza da Mesa das persoas refuxiadas.