Previsións informativas para o sábado 9 de maio
9.00 h
Na praza de Europa (Área Central), saída da XI Andaina dos 50 quilómetros.
11.15 h
Na Galería Sargadelos, clausura da XV Campaña Municipal de Animación á lectura "Ler é Voar". Asiste a concelleira de Educación, Maite Cancelo.
19.30 h
No Polígono da Sionlla, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á apertura das novas instalacións de Talleres Cholo.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Xuvenil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago dentro do ciclo de Novas Orquestras.
20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Ana Nebot, soprano; Marina Rodríguez Cusí, mezzosoprano; e Ludmila Orlová, piano; organizado pola Asociación de Amigos da Ópera.
20.30 h
Na Zona C, concerto de Minor Empires e Visceral Eyes, dentro do ciclo Compostela Rock.
20.30 h
No Salón Teatro, Pele, espazo de contacto social e cultural e o Grupo de Teatro de Surdos do Porto presentan ‘Nós’, enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.
22.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na carreira nocturna SANT YA GO 10 KM. Saída da avenida Xoán XXIII e chegada á praza do Obradoiro.