Previsións informativas para o martes 5 de abril
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, función teatral didáctica de ‘Feo’ de Caramuxo Teatro.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e dos presidentes da Asociación de Hostalería, José Antonio Riveiro e Sara Santos, para presentar os resultados de Santiago Paixón Doce.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
Na Casa do Concello, recepción á selección de fútbol sala de Guatemala e a unha expedición de adestradores xaponeses.
18.30 h
Na Galería Sargadelos (Rúa Nova,16), xuntanza de presentación da XVI Campaña municipal de animación á lectura ao profesorado, na que participarán 172 docentes dos centros escolares.