Previsións informativas para o martes 12 de abril
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, función didáctica de ‘Xoga’ coa compañía Entremans.
11.00 h
No Cersia, xuntanza de Área Santiago, coa presenza da concelleira de Turismo, Marta Lois e de representantes dos outros 15 concellos que integran o grupo. Enviarase nota de prensa.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o programa Vacacións en Paz.
12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente do Colexio oficial de Médicos da provincia da Coruña, Luciano Vidán.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
Na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantén un encontro co conselleiro, Román Rodríguez.