Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 27 de abril

12.30 h
No Paseo Central Alameda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto inaugural da Feira do Libro con pregón a cargo da escritora Lupe Gómez e actuación da Banda de Música Municipal do Concello de Santiago de Compostela.

18.30 h
Na Alameda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á presentación do libro ‘Luísa Villalta. Alma de Violino’, coa súa autora, Beatriz Maceda, e con Laura Suárez, ilustradora do libro.

22.00 h
Na rúa de San Francisco, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, dá o pistoletazo de saída á Carreira SantYaGo 10k. Na praza do Obradoiro, sobre as 23.30 h, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, fai entrega dos premios.

Compartir: