Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Míriam Louzao, para presentar a X Feira de Minerais de Área Central. Na rolda tamén estarán a xerente de Área Central, Sara Castedo de Castro; e o coordinador da Feira, Alejandro Rodríguez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais en funcións, Xan Duro, para presentar os programas de "Adestramento mental" e "Impulsa o teu corpo", que o Concello pon en marcha en colaboración con AGADEA. Na rolda tamén participarán a presidenta da asociación María Isabel Gey e a coordinadora da zona de Santiago, Lucía Fandiño.

12.00 h
Na praza de Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada o 23 de febreiro en Ciudad Real.

12.05 h
Na Casa do Cabido, (Praza de Praterías, s/n), a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, participa na inauguración da exposición fotográfica do artista plástico Denís Estévez 'Lousas dun mesmo Mundo' que recolle unha mostra de 20 fotografías en branco e negro que invitan á reflexión e á crítica. No acto tamén estarán o autor e a xerente do Consorcio, Belén Hernández.

Compartir: