Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar as actividades de verán do Centro Xove.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción á Asociación Corazones Sanos del Henares, tras facer o Camiño de Santiago.

17.00 h
Na rúa Virxe da Cerca, 6, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de inauguración da Casa RIA. Tamén asiste o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, asiste ao Festival de fin de curso da Escola Municipal de Música.

20.00 h
No Teatro Principal, o Pablo Sanmamed Trío e Benxamín Otero presentan en concerto o disco Zugunruhe. Inquietude Migratória.

20.30 h
No hotel OCA Puerta del Camino, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na 16 Noite da Enxeñaría Informática de Galicia.

Compartir: