Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Sustentabilidade Ambiental e Obras, Xesús Domínguez, e de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, para presentar as obras do Pombal.

12.00 h
No Salón Nobre, sinatura da addenda nº 1 ao convenio subscrito entre o Concello de Santiago, Augas de Galicia e Acuaes para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas da Silvouta. Asinan: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático; e Rosa Cobo, presidenta de Acuaes. Tamén asistirá o delegado do Goberno, Pedro Blanco.
A continuación, visita á depuradora. Haberá un autobús a disposición dos medios de comunicación (saída e regreso: dársena de Xoán XXIII).

17.45 h
No mosteiro de San Martiño Pinario, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de inauguración da exposición ‘Hospitalitas, A Graza do Encontro’, organizada pola Fundación Las Edades del Hombre.

20.00 h
No Salón Nobre, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na entrega de premios do concurso escolar de redacción e debuxo "Coñece o teu concello" organizado por La Voz de Galicia en colaboración co Concello de Santiago.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, apertura do Festival Artes pola Integración coas pesas CEREBRARTES (Carlota Pérez) e PROMENA (Jaume & Iris).

20.00 h
No Teatro Principal, a artista italiana María Mazzota presenta en concerto o seu traballo Amoreamaro na compaña do acordeonista Antonio de Luca.

21.30 h
Na sede de Afundación, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no peche da Xornada sobre o impacto do sector comercial en Santiago de Compostela, organizada pola Cámara de Comercio.

Compartir: