Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de xuño

10.00 h
Na sede da Deputación da Coruña, o concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Manuel César, participa na Xornada de presentación de contidos virtuais e tributarios organizada pola Deputación da Coruña.

10.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas s/n), a Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada 2024/2025, titulada ‘Inconformistas’. No acto participarán a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, Baldur Brönimann; a directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte; a compositora Raquel García-Tomás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

11.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de entrega dos premios Prensa-Escola e Voz Natura, organizados por La Voz de Galicia.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago.

18.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fan un percorrido con motivo da Festa do comercio local, Prima 24. Punto de encontro: praza de Cervantes.

Compartir: