Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 27 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Míriam Louzao para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar as Xornadas de Música Contemporánea. Na rolda tamén estarán Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Xunta de Galicia; e Ana Comesaña, directora artística da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No Salón Verde, Xunta Local de Seguridade, coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro; e da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na que se abordará a coordinación das medidas de seguridade con motivo do Son do Camiño. Gráficos ao comezo e declaración ao remate (13.30 h aprox).

20.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de entrega do XI premio á excelencia empresarial do Club Financiero De Santiago.

Compartir: