Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de maio

10.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese co presidente de Mercasa, José Miñones. Tamén estará o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o concelleiro de Mercados, Xan Duro. Declaracións ao remate (11.00 h, aprox)

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mila Castro sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; e do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar "Fun Fun Fun", o evento de autoedición e banda deseñada independente. Na rolda tamén participaran María Gil, Manuel Barreiro e Xaime Lis, en representación da organización.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, sobre o proxecto de restauración do Ecosistema Fluvial e Bosque da Saúde do río Sar. Na rolda tamén participarán Susana Domínguez Lerena, xerente da empresa SDL, Investigación e Divulgación do Medio Ambiente; e Alicia González Míguez, Project manager de Cetaqua.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Sebastian Zinca dirixe a Real Filharmonía de Galicia na interpretación do programa Herdanza africana. Este concerto encádrase no ciclo (EN)FOCO do programa de abono da RFG-Auditorio de Galicia, recitais comentados dunha hora de duración para axudar a comprender a música clásica ás persoas que se achegan a ela por primeira vez.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero presenta O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, unha peza escrita e protagonizada por Esther F. Carrodeguas, con dirección de Xavier Castiñeira. O espectáculo forma parte do foco que Compostela Cultural dedica á dramaturga e actriz dentro da programación de artes escénicas. Ao remate do pase haberá unha sesión de posfunción co equipo da obra.

Compartir: