Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 14 de maio

9.00 h
No Salón Nobre, recepción ao grupo de investigación "Provenance Projected -ao redor da rexeneración urbana e a rehabilitación do patrimonio", da Escola de Arquitectura e Deseño de Oslo (AHO) que participa nunha xornada de traballo no Consello da Cultura Galega coordinada polo arquitecto David Chipperfield, da Fundación RIA.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, para presentar a Xornada de Compostaxe e obradoiros ambientais para a cativada.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, para presentar o programa completo da Festa do Banquete 2024.

12.15 h
Na praza do Obradoiro (diante do Reitorado), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visitan a mesa petitoria da Asociación Española Contra o Cancro con motivo do Día da Cuestación.

19.00 h
No Salón Nobre, recepción á Selección Comarcal de Santiago de fútbol femenino Sub 14, campioas galegas comarcais.

20.00 h
No Salón Nobre, recepción ao Club Waterpolo Santiago polos bos resultados dos equipos feminino e masculino nesta tempada.

Compartir: