Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 3 de outubro

11.15 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a consulesa xeral de Cuba en Santiago de Compostela, Ingrid Izquierdo Sterling, que asinará no Libro de Honra da cidade.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de inauguración do 20º aniversario de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema e no que se estreará ‘O Corno’, de Jaione Camborda, recente gañadora da Concha de Ouro.

Compartir: