Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de maio

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no webinar sobre o Plan de Reactivación Económica do comercio local, autónomos e micropemes organizado pola Cámara de Comercio de Santiago.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 27 de febreiro e extraordinarias do 2 e 7 de marzo e 24 de abril, todas deste ano 2020.
2.- Ratificación de inclusión dos puntos números 4 e 5 na orde do día, para ser tratados na sesión.
3.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión.
4.- Bonificación do canon unitario de tratamento de residuos urbanos para o ano 2020.
5.- Modificación da base 33.2 de execución do orzamento para o exercicio 2020 e aprobación do expediente de suplemento de crédito 2020-SUPLE-01.
6.- Proposición do grupo municipal do BNG para por en marcha un plan de revitalización cultural consensuado co sector.
7.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular sobre a elaboración dun censo detallado de persoas maiores que vivan soas.
8.- Proposición do grupo municipal de CA para crear unha comisión especial de estudo para impulsar un plan de rescate social en Santiago.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10.- Declaración institucional do Concello de Santiago para reclamar o IVE super reducido para o sector cultural.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: