Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de maio

11.30 h
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participa na xuntanza telemática da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

17.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto 1.- Ratificación de inclusión dos puntos a tratar na orde do día.
Punto 2.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión
Punto 3.- Dar conta:
1) Expediente de liquidación presuposto 2019
2) Informe de verificación de LO Estabilidad Presupuestaria, emitido con ocasión da liquidación 2019
Punto 4.-Proposta de aprobación do expediente de crédito extraordinario nº 2020-crext-02 de importe 439.372,10 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019, e o recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e os pagos rexistrados na conta 555.
Punto 5.-Proposta de convalidación da resolución da alcaldía de 28-4-2020, en relación á aprobación do expediente de crédito extraordinario nº 2020-crext-03 de importe 1.145.754,55 euros, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019, coa finalidade de atender gasto social ao amparo do réxime excepcional habilitado polo artigo 3 do real decreto lei 8/2020, de 14 de marzo, e de conformidade co previsto no artigo 20 do real decreto lei 11/2020, de 31 de marzo.

NOTA: será unha sesión telemática e retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

20.00 h
As letras na casa
Intervención de Polo Correo do Vento a través da web municipal. Teremos a posibilidade de achegarnos á figura de Carvalho Calero a través dunha proposta de contacontos ilustrado da man de Carlos Taboada e Enrique Mauricio.
As letras na casa é a proposta da Concellería de Centros Socioculturais para celebrar o Dia das Letras Galegas, con 5 pequenas accións culturais diferentes da man de contadoras, poetas, contacontos, actrices e músicos e que se emitirán cada día, do mércores 13 ao domingo 17, ás 20 h a través da web www.santiagodecompostela.gal

21.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, manteñen unha reunión telemática coa asociación de veciños A Xuntanza.

Compartir: