Previsións informativas para o venres 9 de xuño
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o evento Xirakarting Compostela. Na rolda estarán Raquel González, directora executiva de Xirakarting; Antonio Cortés, director de márketing de Gadisa; e Ernesto Vázquez, representante da Federación Galega de Automobilismo.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.
18.00 h
Na Facultade de Dereito, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste á descuberta do monumento a Fermín Penzol Labandeira, rexistrador da propiedade, bibliófilo e galeguista.
19.00 h
En Barcelona, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto "Cidades sen medo: redes globais de solidariedade e esperanza". Previamente, ás 17.00 h, asiste a unha recepción do concello de Barcelona.
20.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, asiste á asamblea de Festas do Apóstolo dos Orzamentos Participativos de 2018.
20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego presenta o texto de Arístides 'Nosa Señora das Nubes’.
21.30 h
No Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, a concelleira Concha Fernández asiste á Gala contra o cancro.