Previsións informativas para o luns 12 de decembro
9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum no que participa como ponente o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, sobre asuntos da súa área.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o libro 1936. O Estatuto Esquecido. Na rolda tamén participará a directora da editorial Giverny, Belén Fortes.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.