Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de agosto

De 11.30 a 13.30 h
Na Casa das Máquinas e o parque de Galeras, obradoiro de Circo no Parque da man de Circonove ao abeiro do Festival C. Acrobacias, equilibrios, teatro, ritmo e creación de xoguetes malabares para a rapazada 3 a 5 anos. Inscricións en circonoveoficina@gmail.com

De 18.00 a 20.00 h
No paseo da Ferradura da Alameda (ao carón da estatua de Federico García Lorca), Os monicreques de Kukas protagonizan dous espectáculos para todos os públicos. As pezas Gernika (Danos Colaterais) e S.O.S. Emerxencia ambiental sucederanse en pases de 5 minutos ao longo de dúas horas. Actividade con acceso libre e de balde ao abeiro do Festival C.

20.00 h
No cemiterio do parque de Bonaval, presentación do espectáculo de danza Fantastic Futures (A Beginning), unha peza que xorde do laboratorio creativo que o Colectivo RPM desenvolve na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia da man do coreógrafo e bailarín Aleksandar Georgiev. Actividade con acceso libre e de balde ao abeiro do Festival C.

20.30 h
Na praza de Praterías, concerto de Blue Merrow no festival Feito a Man. Hard rock e blues da man de Damián Garrido como letrista, vocalista e percusionista e Ángel Olañeta, como guitarra solista, con Ángel Vexo, teclista e organista, Diego Hernán Ruiz, baixo, e Alberto Cid, batería. Acceso libre e de balde.

22.15 h
Na praza de Feixóo, o Feito a Man achégase a canción francesa cun concerto de Mónica Acevedo sings PIAF, o trío de voz e violín, guitarra e contrabaixo que conforman Mónica Acevedo, Diego Parada e Arturo Valero, desta volta acompañados por David Regueiro. Acceso libre e de balde.

Compartir: