Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; os actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira e o director, Quico Cadaval, para presentar o novo espectáculo de Mofa e Befa, ‘Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro’ que se poderá ver no Teatro Principal do 4 ao 7 de febreiro dentro do Bono de Teatro Galego

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, e o director de "100 consellos para o 2015", Joaquín Dosil, para presentar este evento para directivos e empresarios que se celebrará o catro de febreiro no Palacio de Congresos.

20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, os músicos da Real Filharmonía de Galicia ofrecen o concerto ‘Amigos Ausentes’ en memoria dos amigos e compañeiros que faleceron e tamén daqueles que estiveron na orquestra pero xa non forman parte dela.

Compartir: