Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 30 de marzo

10.30 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, visita aos nenos e nenas que participan no programa de conciliación de Semana Santa.

10.30 h
Na Alcaldía (Pazo de Raxoi) o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, manterá unha reunión de traballo co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, e coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. Os gráficos poderán tomar imaxes do encontro ás
11:15 horas.

11.30 h
No Salón Vermello da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para informar do contido da reunión, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Hotel Quinta da Auga, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura o Foro "Turismo Gastronómico: Claves para a súa rendibilidade", organizado por El Correo Gallego.

21.00 h
Na Igrexa de San Paio de Antealtares, concerto da Escolanía da Catedral de Santiago, dirixida por José Luis Vázquez, e de Resonet, dirixido por Fernando Reyes, e con Mercedes Hernández, soprano, Antonio Fajardo, baixo, e o coro masculino Estudio de Resonet. Baixo o título de ‘¡Ay Santa María!… as Cantigas de Alfonso X’ está enmarcado dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

Compartir: