Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de xullo

10.00 h
No Centro Xuvenil Don Bosco (rúa de Belvís, 2), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visita o campamento de verán organizado pola Escola de Tempo Libre Don Bosco.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da concelleira de Festas, Pilar Lueiro, para presentar a persoa pregoeira das Festas do Apóstolo 2024.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Facenda, Manuel César, sobre asuntos do seu departamento.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado participante na XXXIV edición dos Curos de verán de lingua e cultura galegas que coorganizan a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da USC.

Compartir: