Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de xuño

10.30 h
No IES Xelmírez II, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita cos alumnos e alumnas a contorna do centro, onde se levou a cabo un plan de mellora da seguridade viaria seguindo unha proposta do propio alumnado. Punto de encontro: porta do instituto.

11.15 h
Na praza do Obradoiro, acto de celebración do Día do Orgullo LGTBI: lectura da declaración institucional por parte do alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e dun manifesto, a cargo da asociación Ultreia. A continuación, na rúa da Moeda Vella, descubrirase unha placa en lembranza de Sancha Pérez e María Leve.

13.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de imposición das Medallas Castelao 2016.

17.00 h
Na sede da Fundación Down Compostela, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á xuntanza do Padroado.

19.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, xuntanza do Consello de Relacións Veciñais. A continuación (20.00 h), primeira reunión do grupo motor dos Orzamentos Participativos. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas. SÓ GRÁFICOS.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), proxección da ópera ‘A Traviata’ de Giuseppe Verdi. Produción do Festival Aix-en-Provence 2011 en coprodución coa Wiener Sataatsoper e a Ópera de Dijon. Coa colaboración de Arte, Fondation Orange e Institut Français.

Compartir: