Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de xuño

10.00 h
Na Aula de Formación do Edificio Emprendia (Campus Vida), a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á apertura das Xornadas Formativas de Verán "Mulleres universitarias e empresarias. Mulleres que coa ciencia crean empresas".

10.30 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), acto de sinatura do convenio marco para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Santiago de Compostela e o seu entorno urbano. Participan o alcalde, Martiño Noriega; a ministra de Fomento, Ana Pastor; as conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e o presidente de Adif, Gonzalo Ferre.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o Foro de Innovación para o Emprego.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o Día Europeo da Música 2016. II Encontro de Escolas Municipais de Música. Na rolda tamén participarán representantes municipais de Rianxo, Vedra e A Coruña.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e da directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, para presentar o ciclo de proxeccións de óperas do Festival Aix-en-Provence, que se celebrará en xuño e xullo no Auditorio de Galicia.

13.30 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o triatleta compostelán Antón Ruanova.

20.30 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico. .

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Santiago Auserón que presenta o seu novo proxecto ‘Vagamundo’. Dirixidos por Ricardo Casero e con Joan Vinyals, guitarra acústica.

Compartir: