Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a Liga de Futbolín.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da directora-xerente do Auditorio de Galicia en funcións, Silvia Modia; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do Festival Internacional de Títeres Galicreques, Jorge Rey, para presentar a programación do festival que se celebra en Compostela do 26 de setembro ao 4 de outubro.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar a Xornada da bicicleta que se celebará este domingo dentro dos actos da Semana Europea da Mobilidade.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o Museo do Pobo Galego.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o rexedor de Brión, José Luis García.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación Cultural Rocha Forte.

17.30 h
No Cersia, o concelleiro de Educación, Manolo Dios, reúnese coa ANPA do CEIP das Fontiñas.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, recibe os participantes na XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño. Baixo o título de ‘Retratos de España’, está enmarcado dentro do ciclo de Concertos na Rúa da Banda.

20.30 h
No Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia), concerto ‘Années de Pèlerinage’ dentro do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Kate Royal, soprano, e Roger Vignoles, piano, dentro do XVI Ciclo de Lied.

20.45 h
Na tenda MoKsin, o concelleiro Rafael Peña, asiste ao inicio da campaña gañadora da 3ª edición do Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

Compartir: