Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de setembro

11.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e os actores Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo; para presentar a estrea de "Noiteboa", de Redrum Teatro, que se celebrará no Principal os días 17, 18, 19 e 20 deste mes.

11.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na reunión da Mesa polo Emprego (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h
No Local Sociocultural Casa Agraria (rúa Tabaniscas, 12), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Noa Morales, xunto co secretario da asociación Erasmus Compostela, Francisco Rubio, para presentar o Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil.

20.00 h
No parque de Ponte Mantible en Vite, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Bram Sniekers para presentar a tempada de abono Auditorio de Galicia-RFG. .

Compartir: