Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 27 de xuño

9.30 h
No pavillón do Restollal, a concelleira de Deportes, Noa Morales, asiste ao II Jamboree de Minibásquet.

10.00 h
Saída do Refuxio de Bando dun grupo de voluntarios e padriños con 19 cans residentes no Refuxio para realizar a sexta edición do "Canmiño". Arredor das 13.30 h horas está previsto que cheguen á praza do Toural, onde estará instalado durante todo o día (10.00 h a 21.00 h) un posto informativo para fomentar a adopción e dar a coñecer o traballo que se realiza desde a Fundación Refuxio de Bando.

A partir das 11.30 h
No CSC de Santa Marta, xornada de convivencia dos nenos que participan nas actividades dos centros socioculturais dentro do programa Vive o Verán.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes na VIII Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA).

12.15 h
Na praza 8 de marzo (rúa de San Pedro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega participa na mesa redonda "Participación cidadá: artellando o común", dentro das Festas do Barrio de San Pedro.

14.00 h
En San Pedro de Busto, concerto da Banda Municipal dentro do ciclo Concertos nas Festas de Barrio.

A partir das 16.30 h
No Monte do Gozo, celebración da carreira Gladiator Race.

A partir das 17.30 h
Nos exteriores do centro sociocultural de Conxo nova sesión de Imos ao baile, na compaña do grupo Charada, organizado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Participación de balde.

19.00 h
Na praza da Quintana, a concelleira de Deportes, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos da Copa Galega de Escalada en Bloque.

21.00 h
No Monte do Gozo, a concelleira de Deportes, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos da Gladiator Race.

Compartir: