Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 23 de xuño

11.00 h
No concesionario Compostela-KIA (rúa Isaac Peral, 4 – Polígono Industrial do Tambre), a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa na presentación da Gladiator Race, carreira de obstáculos que se celebrará o sábado 27 de xuño no Monte do Gozo.

12.00 h
No CEIP As Fontiñas, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visita as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán. A continuación visitará tamén o CEIP Raíña Fabiola.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar o II JAMBOREE DE CLUBS MINIBÁSQUET GALICIA 2015.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Deporte, Noa Morales, recibe os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír a XXVIII edición da súa ciclomarcha a Compostela.

18.00 h
No parque de Belvís, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao mercado Entre Lusco e Fusco.

A partir das 20.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste a cacharelas e sardiñadas en varios barrios do concello.

Compartir: