Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 20 de xuño

A partir das 12.45 h e ao longo do día
Nas prazas do Toural, Cervantes e Praterías, concertos das escolas e agrupacións municipais de música dos concellos de Vedra, Lalín, Vigo e Santiago para celebrar o Día Europeo da Música. Ás 20.30 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de clausura na praza das Praterías.
Programa completo en www.santiagodecompostela.gal

21.00 h
No Teatro Principal, Xosé Antonio Touriñán, como Manolo Lojo, e Javier Veiga presentan ‘Por que as cousas sempre poden ir a peor’, dentro do ciclo Falabaratos.

21.00 h
No Salón Teatro, ‘Proxecto NÓS. Territorio (Es)cénico Portugal-Galicia: bilingüe’, cun texto de José María Vieira Mendes dirixido por Pedro Penim, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

A partir das 21.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste a sardiñadas en varios barrios do concello.

Compartir: