Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 18 de xuño

11.00 h
Na Academia de Cine (rúa Zurbano, Madrid), o concelleiro de Educación, Manuel Dios, e o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, recollen o premio institucional concedido ao programa de educación viaria e autoprotección que leva desenvolvendo o departamento municipal dende 1999.

19.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Mocidade, Noa Morales, asiste á gala de final de curso do programa Compostela Actúa. Neste programa participan un total de 50 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis e baixo o título ‘Banda e Gaita’. Participa como gaita solista José Manuel López, ‘Josele’.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía Miguel Narros e Producciones Faraute presenta ‘Insolación’ de Emilia Pardo Bazán, dentro do ciclo Teatro 2015.

21.00 h
No Salón Teatro, ‘Proxecto NÓS. Territorio (Es)cénico Portugal-Galicia: bilingüe’, cun texto de José María Vieira Mendes dirixido por Pedro Penim, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: