Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de maio

De 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 h
Na explanada de Salgueiriños, 9ª XiraKarting. Tamén se celebrará o Día Internacional da Familia, de 17.00 h a 21.00 h, con inchables, zona babies, xogos tradicionais e populares e musical infantil a cargo do grupo La Guagua.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.30 h
NO Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, clausura o Foro de Infraestruturas Urbanas, organizado por El Correo Gallego.

17.30 h
No Teatro Principal, o Teatro Nacional Dona Maria II presenta ‘Sax Tenor’ de Roberto Vidal Bolaño, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Dirixida por José Martins.

18.00 h
No Csc de Santa Marta, obradoiro de poesía e xogo. Infantil 7 a 12 anos. Dentro do programa "Ler, contar e gozar coas letras".

18.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, entrega de placas e dos discos gravados da VII edición do certame MúsicaXove ´14, organizado pola Concellería de Xuventude e coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude. Nesta edición participaron máis de 40 grupos de música de toda Galicia.

21.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Puntada sen fío, que presenta ‘A lúa prendeu a luz’, dentro do ciclo Sons’15.

Compartir: