Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 18 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, para presentar ‘Saxo tenor’ de Roberto Vidal Bolaño, que poderemos ver no Teatro Principal os días 29 e 30 de maio en versión do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa. Na rolda estarán tamén José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia; Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego; e José Martíns, director da obra.

12.30, 17.00 e 18.30 h
Na Zona C, O baúl da tía Tola presenta ‘Tilin Tilonia’, dentro do ciclo Infantil&Familiar.

13.00 h
Na Praza da Quintana, concerto da Banda Municipal de Música con Vaamonde, Lamas e Romero.

20.30 h
No Salón Teatro, Talía Teatro presenta ‘Demolición’ de Cándido Pazó, con Artur Trillo e Toño Casais. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: