Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 29 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Banda Municipal de Música e Viravolta Títeres presentan ‘Peer Gynt’, dentro do programa escolar.

11.30 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, asiste á apertura do Foro da Intermediación e o Emprego 2015.

11.30 h
Na Escola Infantil Municipal de Meixonfrío, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, asiste á sesión do contacontos musical de educación viaria baseado no libro-cd "Axente Corrente, Galo Mirindolo". É unha das actividades do programa didáctico de educación viaria "aXente Corrente", realizada por Agasalle Contenidos e que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través do Departamento de Educación.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da Xunta de persoal e o Comité de Empresa do Concello.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar o circuíto homologado da carreira nocturna SANT YA GO 10 KM. Asistirán tamén representantes do Club Atletismo Fontes do Sar.

20.30 h
No Teatro Principal, 10&10 Danza de Mónica Runde presentan ‘Epsiodios (Temporada 25)’ dentro do ciclo de Danza.

Compartir: