Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de abril

10.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á apertura do IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria FAECAP.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Romeo e Xulieta’ coa Real Filharmonía de Galicia e Per Poc Títeres. Dentro do Programa Escolar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das seguintes actas plenarias:
Sesión extraordinaria e urxente do día 19 de marzo de 2015 (núm. 4/15)
Sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2015 (núm. 5/15).
2. Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao ano 2014.
3. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
4. Rogos e preguntas.
5. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de ‘In Memoriam’, da compañía O retrete de Dorian Gray. Protagonizada por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido e dirixida por Xron. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
No Salón Teatro, o Teatro Nacional de Catalunya, o Centro Dramático Galego e Catro Cadeiras presentan ‘Ganas de ouvear’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto do pianista Herbert Schuch que presenta o programa ‘Invocación e campás’. Dentro do ciclo de piano Ángel Brage e do Programa de Abono.

21.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, asisten á exhibición de enduro con motivo da celebración do Campionato de España de enduro os días 24, 25 e 26.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Laurence Jones que está por vez primeira en España para presentar o seu último traballo, ‘Temptation’. Concerto enmarcado no ciclo Blues Nite by 1906.

Compartir: