Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de abril

11.00 h
No salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á apertura da Xornada gratuíta "fomento da administración electrónica na peme e autónomos".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar as bases do premio Auditorio de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Nave Cinco da Praza de Abastos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita Espazo Gastro, dentro da II edición de Compostela Gastronómica, que se desenvolverá entre o 16 e o 21 de abril.

18.30 h
No CSC de Vite, obradoiro de contos e debuxo "O misterio do pirata Benito", para infantil +3, dentro do programa "Ler, contar e gozar coas letras 2015".

20.00 h
Na Sala de Exposicións do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita a exposición "ABC, 20 anos en Galicia: Galicia, 112 anos en ABC".

20.30 h
Na Zona C, concerto de Chicharrón e The Partisan Seed dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30 h
No Teatro Principal, Matrioshka Teatro presenta ‘C´est la vie’, dirixida por Marta Pazos. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
No Salón Teatro, Acaso Danza e Limiar Teatro presentan ‘Pangeia’ dentro do ciclo Danza 2015 e do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Fabien Gadel e coa pianista Beatrice Rana. Dentro do Programa de Abono.

Compartir: