Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 9 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Banda Municipal de Música e Fantoches Baj presentan ‘Pedro e o lobo’ dentro do Programa Escolar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, para presentar o LAPSO 2015 Musical Experience, un novo festival que teremos na cidade, enmarcado no Compostela Rock. Na rolda estarán tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Pedro Martínez, da axencia Legal Music; e Carlos Montilla, director da promotora I-Radia Crea.

12.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina o convenio marco de colaboración con Ferrovial Sevicios para "liñas de actuación de aplicación na estratexia de cidade intelixente (Smart City)". Declaracións ao remate.

Compartir: