Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 8 de marzo

11.30 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside os actos con motivo do Día Internacional da Muller. No Pazo de Raxoi realizarase o acto de recoñecemento ás tres mulleres homenaxeadas (11.30 h) e no Obradoiro (12.00 h), o acto central da campaña Mulleres, todas somos protagonistas. Asiste a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, e a actriz compostelá Nerea Barros.

13.00 h
Na praza do Toural, primeira actuación do Ciclo de Concertos das Agrupacións Instrumentais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, dentro do programa "Música na cidade". Nesta ocasión é o turno da Banda (integrada por máis de 35 alumnos/as) e do Conxunto de Música Tradicional (formada por 15 músicos).

19.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Eli ‘Paperboy’ Reed Trío que presenta o seu Walkin ‘& Talkin’ 10th Anniversary Tour dentro do ciclo Sons’15.

19.30 h
Na Zona C, Antón Coucheiro e Manuel Cortés presentan ‘Psicópata’, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: