Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións infomativas para o mércores 4 de marzo

12.30 h
Na rúa Santa Clara, (no obradoiro do escultor), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de descubrimento da placa do 125 aniversario de Francisco Asorey, xunto co fillo do escultor.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 2015 (núm. 2/15).
2. Aprobación inicial da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) na Rocha, estrada N-550, PK 67.
3. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM na rúa das Penas, número 9C. Aríns.
4. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM no ámbito do polígono 40. Rocha Vella - rúa do Churruchao.
5. Toma de coñecemento do documento refundido do plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R).
6. Toma de coñecemento do documento refundido do plan parcial do solo urbanizable delimitado número 11 (SUD-11). Muíño de Vidán.
7. Aprobación inicial do Regulamento da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico do Concello de Santiago.
8. Adhesión do Concello de Santiago á Asociación RED INNPULSO (Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación).
9. Aprobación inicial da modificación da base 25 de execución do orzamento de 2015.
10. Dar conta de sentenza núm. 390/14 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e lectura do Auto de execución da mesma.
11. Proposta da Alcaldía de execución da Sentenza 390/14 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
12. Proposta do grupo municipal socialista de designación de representantes en Consellos de Administración das empresas municipais, comisións informativas, organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, sociedades mercantís e consellos sectoriais.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía e das concellarías delegadas.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.15 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, como colofón e peche do programa Espazos activos, escaparates vivos celebrarase unha charla sobre prácticas de uso para o aproveitamento de locais comerciais baleiros, dirixida a immobiliarias, propietarios, comerciantes, asociacións de comerciantes e público interesado ata completar aforo.

20.30 h
Na Zona C, Antón Coucheiro e Manuel Cortés presentan Psicópata, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: