Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 31 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e do concelleiro de Facenda e Orzamentos, Ramón Quiroga, para dar conta dos asuntos da Xunta de goberno local extraordinaria.

13.00 h
Na sede da Fegamp, a xefa do Departamento de Servizos Sociais, Teresa Furelos, asiste á presentación do proxecto fotográfico Causas Comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. Tamén asisten o secretario executivo da Plataforma de ONGD da rexión de Bafatá (Guinea Bissau), Boubakar Djalo, o fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón e a traballadora social Rocío Botana, que exporán os resultados da iniciativa cofinanciada polo Fondo Galego de Cooperación, entidade da que é socio o Concello de Santiago.

19.00 h
Na Capela do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa no acto de presentación do Día das Artes Galegas 2015, dedicado ao Mestre Mateo.

20.30 h
No Convento de Santa Clara, concerto de Música Ficta que presenta ‘Cristóbal de Morales… Réquiem’ dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

Compartir: