Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 28 de marzo

De 11.00 h a 20.00 h
Nas prazas e rúas próximas á Catedral, celebración de Fillos do Trono, un xogo de rol en vivo ambientado na Idade Media no contexto histórico da cidade de Santiago de Compostela. Entre as 14.00 e ás 16.00 o escenario trasladarase ao Hostal dos Reis Católicos, onde ademais da comida se continuará coa trama do xogo e actividades como esgrima antiga. Neste escenario tamén se realizará a escea final do xogo. Esta e unha actividade organizada pola Concellería de Xuventude e a UMAD.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, o Meshk Ensemble presenta ‘Sema… a cerimonia dos dervixes’, dirixidos por Timuçin Çevikoglu. Dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

De 20.30 h a 21.30 h
O Concello súmase á Hora do Planeta apagando as luces da Praza do Obradoiro e a iluminación exterior da Catedral de Santiago.

20.30 h
No Pazo de Congresos, concerto de Joan Baez, ‘An evening with Joan Baez’ dentro do ciclo Sons’15.

20.30 h
Na Fundación SGAE, triCiclo 7 con Oneida, People of the north e Farniente, dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30 h
No Salón Teatro, estrea absoluta de ‘Xardín Suspenso’ de Abel Neves poste sobre o escenario polo centro Dramático Galego e dirixida por Cándido Pazó. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
En San Domingos de Bonaval, concerto de Lucentum XVI que presentan o programa ‘O Pulcherrima Mulierum… cancioneiros do Renacemento español’ dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

Compartir: