Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de marzo

10.30 h
No Pazo de Xelmírez, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de inauguración da exposición "San Francisco e o seu tempo".

11.00 h
No Colexio Monte dos Postes, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, participa na presentación das actividades "Debuxa comigo" e "Vive a paixón en galego", en colaboración coa Confraría de Estudantes e a Dirección Xeral Política Lingüística da Xunta.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 4 de marzo de 2015 (núm. 3/15).
2. Aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable delimitado número 16 (SUD-16). Agra dos Campos - Aríns.
3. Aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable delimitado número 17 (SUD-17). Monte do Gozo - Aríns.
4. Aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
5. Aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora do informe de avaliación de edificios.
6. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual da normativa urbanística do PXOM aplicable ás situacións fóra de ordenación. Modificación dos artigos 109 e 124 e do capítulo IX do PXOM.
7. Aprobación inicial da ordenanza reguladora do Programa Santiago "Suma" de inclusión social do Concello de Santiago de Compostela.
8. Proposición do grupo municipal socialista relativa á promoción empresarial no parque empresarial da Sionlla.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Salón Teatro, estrea absoluta de ‘Xardín Suspenso’ de Abel Neves poste sobre o escenario polo centro Dramático Galego e dirixida por Cándido Pazó. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
No Teatro Principal, Matarile Teatro presenta ‘Hombres Bisagra’ dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño. Dentro da programación de Danza 2015.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto inaugural do Festival de Músicas Contemplativas coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Andrew Gourlay e con Alina Pogotskina, violín.
21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Wöyza que presenta ‘Wötown’ dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: