Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 25 de marzo

9.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a Convención contra o tráfico de órganos do Consello de Europa.

11.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Normalización Lingüística, María Antón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da xira dos Bolechas, que comeza en Santiago o domingo 29.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o cociñeiro compostelán Siro González para presentar os dous eventos que se celebrarán no mes de abril baixo a marca Compostela Gastronómica: #ComposGastroBlog e a segunda edición de "Compostela Gastronómica: Festival da Cociña Galega".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, para presentar "A nosa vida en positivo". Asiste a orientadora do IES Antonio Fraguas, Lola Sanz.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, concentración en sinal de dó polo accidente aéreo que tivo lugar onte en Francia no que faleceron 150 persoas.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Sons’15 para o segundo semestre do ano, que se presenta co nome de Sons’15 #atlánticos#.

20.30 h
No Teatro Principal, Matarile Teatro presenta ‘Hombres Bisagra’ dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño. Dentro da programación de Danza 2015.

Compartir: