Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de marzo

10.30 h
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presenta o programa URBANO NORTE de promoción do tecido empresarial do territorio norte da cidade. A presentación farase a través dun percorrido en autobús pola zona de aplicación do mesmo (Urbana Norte). Saída e chegada á praza do Obradoiro.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a XV Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, que leva por nome "Ler é voar". Tamén asiste a concelleira de Educación, Maite Cancelo.

12.00 h
Na cafetería do Centro Comercial Compostela (zona acristalada), ROLDA DE PRENSA de presentación do II Medio Maratón "MediaSan do Camiño"
Asistentes:
• María Corral, concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela
• Manuel Taboada, alcalde do Pino
• José Manuel Blanco, relacións externas de El Corte Inglés
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo
• Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo
• Javier Fernández Feijoo, atleta compostelán e padriño do evento

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Teatro 2015.

Compartir: