Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 23 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de sinatura do protocolo de colaboración para a organización do programa Apego dirixido a fomentar e mellorar a transmisión do galego.

10.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, acompañada de representantes  de Viaqua e do Instituto  faranlle entrega á  estudante do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela,  María Carballido Cerqueiro, do 2º Premio acadado no I Certame Literario Relatos de Auga Intelixente.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
En San Lázaro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á tradicional subasta das Uñas.

12.15 h
No Parque Avilés de Taramancos, na zona das Cancelas, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, asisten á celebración do Día da Árbore xunto cos alumnos do IES Arcebispo Xelmírez II (alumnos de 1º e 2º da ESO) e do CEIP das Fontiñas (alumnos de Educación Infantil e Primaria).ç

18.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, fai entrega dos premios do Día da Auga e da Árbore.

18.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, inaugura a exposición feita cos traballos que se realizaron durante o curso Iniciación á pintura da figura humana a través do cadro "Las Señoritas de Avignon " de Picasso, en colaboración con los alumnos del IES de Sar.

Compartir: